Podes descargar neste enlace o itinerario da viaxe que faremos polas terras de Tras Os Montes.
O luns, 27 de abril, ás 20 h, reunímonos no salón de actos do Complexo Xuvenil Lug, de Lugo, (R/ pintor Corredoira, Nº 4) os viaxeiros e viaxeiras que imos aos vales do Douro e do Coa (Portugal) os días 1, 2 e 3 de maio, para falar dos últimos detalles desta interesante viaxe. No decurso da asemblea distribuiremos unha fermosa edición dos Itinerarios, libriño que describe día a día todo o que veremos nas terras de Tras Os Montes.
LugoPatrimonio, xunto coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, e a Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, manifesta a súa repulsa fronte ao atentado que se está a dar na calzada histórica do Camiño Primitivo de Santiago na parroquia de San Xoán do Alto (concello de Lugo), vía xacobea que goza de recoñecemento e protección oficiais como itinerario de alto valor patrimonial, turístico e ambiental.
Estase a producir unha agresión de gran impacto contra a traza antiga desta rota no lugar de O Fornelo, onde se apreza a destrución dunha parte da trama camiñeira, incluíndo a caixa do camiño, os muros laterais e a práctica totalidade da vexetación autóctona que delimita este vieiro público de carácter histórico e
cultural.
Preme aquí para ver a nota de prensa completa.
O presidente de LugoPatrimonio, Lois Diéguez, e mais a representante da axencia que se encarga dos contactos para a viaxe a Portugal, Nadia Abelleira, presentaron mediante proxeccións fotográficas o itinerario que se seguirá os días 1, 2 e 3 de maio, e mais monumentos e paisaxes que se van visitar polas ribeiras dos ríos Douro e Coa. As 50 prazas ofrecidas ficaron cubertas no primeiro día.
(Máis información na axenda)
Lugares visitados o sábado, 28 de marzo do 2009, seguindo o Programa: Centro de Interpretación do Viño; Ofrenda Floral ao poeta Manuel María ante o seu monumento, con lectura dos poemas (O Viño, Cancionciña aos viños do Val de Lemos, Fábula da taberna con moralexa ao remate); Igrexa, capela, souto e cruceiro de Lobios; cata, visita e xantar á Adega Algueira, paseo até á Pena do Castelo; viaxe polos Miradoiros de Os Chelos e Cadeiras; Cerámica de Gundivós.
![]() |
20090328_Ciclo do Viño-Monforte e Doade |
(Lousada-Xermade-Lugo). Enxeñeiro T. Agrícola e Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Grande coñecedor do mundo da industrialización, comercialización e calidade Agroalimentaria, axercendo na actualidade como Xefe do Servizo de Control da Calidade e Industrias en Lugo. Dentro destas actividades, o seu labor centrouse na promoción industrial, nas denominación de calidade e na recuperación de produtos agroalimentarios: aceite, sidra, embutidos, queixos, viños, etc., sendo a Ribeira Sacra e o queixo de San Simón os proxectos máis simbólicos e recoñecidos nos que participou.
Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado da Área de Cultura abríu o ciclo Viño e Poesía cunhas palabras nas que lembrou a escritores galegos que cantaron o viño. Con el estiveron o Presidente de LugoPatrimonio, que lle agradeceu o patrocinio do Ciclo, o Vicepresidente, e Sabela R. Campo que leu o poema de Manuel María “Poema aos viños galegos”, que é o que guía os actos deste mes de marzo.
O biólogo Xosé Mouriño Cuba, foi o primeiro conferenciante do Ciclo Viño e Poesía. Nunha amena e interesante charla apoiada por fotos e estatísticas, contou o proceso que levou a que o viño e outros produtos da Ribeira Sacra, así como a mesma zona, tivesen a sona e o prestixio actual. El foi un dos artífices principais desa conversión das ribeiras do Miño e do Sil en zonas axeitadas e coidadas para o cultivo do viño, resgatando do desleixo paisaxes mortas que hoxe nos animan.
A nova situación creada cos resultados das eleccións autonómicas, foi un dos puntos tratados polas Asociacións Amigos do Entroido Ribeirao, Asociación de Veciños de Salcedo, As Fachas de Castelo, Souto do Val da Ermida, San Martiño de Vilelos. Asociación de Veciños de Salcedo e LugoPatrimonio, o pasado día 15 de marzo en Monforte de Lemos. Manifestouse unha fonda preocupación pola continuación dun traballo que está a dar os primeiros froitos en cada un dos lugares onde as devanditas asociacións fan as festividades xa ben coñecidas. Continuar cos Proxectos aprobados tamén na parte do Congreso realizado xa, foi un dos acordos, para o cal se falará cos novos representantes institucionais. As Asociacións manifestaron tamén o seu agradecemento ás Consellarías de Cultura, Medio Rural, Vivenda, Industria, Vicepresidencia da Xunta e Deputación, e concellos de Monforte, Chantada, Taboada... pola axuda que en cada momento prestaron durante os case tres anos de traballo.
Libertino, sibarita, acedo, místico e profeta. Así definían ao poeta persa Omar Khayyan (s.XI-XII). Quizabes porque cantaba (e libaba) o viño. As súas rubaiyat ou loas, convidan á celebración do viño e ao gozo do momento fronte á pouca duración da vida. Velaquí:
Se da miña mocidade é hoxe a festa,
ofrendareina da alba até o ocaso,
apurando a pracer vaso tras vaso
o vello viño que a soñar apresta.
O poeta Li Tai Po, Li Bai ou Li Po (s. VIII), viviu durante a época dourada da poesía chinesa, a dinastía Tang. Din que escribiu máis de 20.000 poemas. Os románticos apóñenlle unha morte certamente poética: cando ía, unha noite na súa barca polo río Yangzi, bébedo, como era o seu natural, ollou o reflexo da lúa nas augas e intentou collela. Morreu afogado, claro.
Un vaso de viño entre as flores:
bebo só, sen amigo que me acompañe.
Levanto o vaso e convido á lúa:
con ela e coa miña sombra seremos tres.
E Manuel María, o noso poeta máis nacional e íntimo, ao que visitamos na leitura cada día. Amou, como os anteriores (dos cales era gran devoto), o viño. Nas súas horas derradeiras pedía viño ás comidas para aledar eses momentos finais, aínda que lle fixese mal. E cada día da súa vida acompañou o xantar con ese sangue da nosa terra fértil e xenerosa.
...
Nesta vida lene e fuxidía
somentes temos tres compañas
cara ao noso radical desamparo:
o amor, o viñiño e a amistade,
...
Son tres dos poetas cos que imos beber e brindar neste novo Ciclo de LugoPatrimonio sobre Viño e poesía. Poetas universais. E miraremos terras galegas e portuguesas onde se cultiva, crea e recrea esta vea vermella do corpo rexo da nación. Como eles, pois, alegremos o corazón e os ollos cunha copa alzada ao ceo, debaixo do firme carballo patrio. Vivimos e bebemos. Bebamos e brindemos, neste momento xusto e preciso, e necesario, polo maior patrimonio que creamos: o noso idioma. Chin-Chin. Chin-Chin...
Lugo, marzo do 2009
Día 22 de febreiro, domingo de Entroido
Apertura
D. Ignacio Rodríguez Eguíbar
D. Severino Rodríguez Díaz
D. Alfredo Suárez Canal
Dna. Amparo Montenegro Díaz
Xornada de mañá
D. Felipe Senén López Gómez: O patrimonio inmaterial na cultura nacional
D. Xosé Ramón Mariño Ferro: Festa e Rito no Entroido
Participación no Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba
![]() |
20090222_Entroido_Ribeirao |
Final da Xornada
D. Felipe Castro López
D. Xoán C. López Vázquez
D. Xoán C. López Álvarez
Día 23 de febreiro, luns de Entroido
Xornada de mañá
D. Yvon Dupouy: Simboloxía do Oso nas distintas culturas
D. Felipe Castro López: O Entroido salcedao: Oso, teatro e morrión
D. Robert Bosch: Simboloxía do Oso na cultura catalano-francesa
D. Xosé Manuel González Reboredo: As orixes do teatro popular e a súa relación co Entroido
Participación no Entroido de Salcedo co Oso
![]() |
20090223_Entroido do Oso |
Final de Xornada e Clausura
D. Xose Antón Bao Abelleira
D. Teddy López Pedredo
D. Alberte González González
D. Felipe Castro López
D. Yvon Dupouy
D. Xose Antón Bao Abelleira
D. Emilio López Pérez
D. José Luis Maceda Vilariño
D. Xabier González González
D. Felipe Castro López
Conclusións aprobadas nesta primeira parte do Congreso ou Xornadas de primavera
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.